Fundación USC Deportiva USC

Competicións deportivas do Club USC

[25/05/2018] Atletismo, fútbol veterano, natación, tenis e xadrez organizan a axenda deportiva do Club USC na última fin de semana de maio.

Track GPS e mapa da ruta do Grove

[24/05/2018] Dispoñible o track GPS e mapa da ruta de lecer do Grove que se realizará o sábado día 26 de maio.

Axenda deportiva do Club USC na fin de semana

[16/05/2018] Dobre xornada con protagonismo para o atletismo e importantes citas do fútbol veterano e o tenis na axenda deportiva do Club na fin de semana.

Mapas e track GPS da actividade especial de primavera. Cordilleira Cantábrica

[16/05/2018] Xa están dispoñibles os mapas e track GPS da actividade especial de primavera que se vai realizar por terras de Babia na cordilleira Cantábrica.

Listas definitivas de persoas admitidas en cada queda do Verán CampUSC 2018

[14/05/2018] Publícanse as listaxes definitivas das persoas admitidas nas distintas quendas do Verán CampUSC 2018.

Raquel González , oitava no Campionato de España Universitario de Natación

[14/05/2018] Raquel González Tojo, do Club USC, clasificouse en oitavo lugar na proba de 50 m. libre no Campionato de España Universitario de Natación que se celebrou na piscina de Fuentezuela, en Jaén, os pasados días 8 e 9 de maio.

Competicións do Club USC na fin de semana

[11/05/2018] Doutra volta, o protagonismo deportivo da fin de semana correspóndelle ao atletismo, o fútbol veterano, o tenis, o xadrez e mais a natación.

Track GPS, MIDE e mapa da ruta da serra da Queixa

[11/05/2018] Xa están publicados o track GPS, MIDE e mapa da ruta da serra da Queixa que se realizará o próximo sábado 12 de maio.

Listas provisionais de persoas admitidas nas quendas do Verán CampUSC 2018

[09/05/2018] Publícanse as listas provisionais de persoas admitidas en cada quenda do Verán CampUSC 2018, elaboradas pola Comisión de Seguimento reunida o martes 8 de maio na sede da Fundación USC Deportiva.

Axenda deportiva do Club USC na fin de semana

[04/05/2018] Atletismo, xadrez, tenis e fútbol compoñen o calendario deportivo do Club USC na primeira fin de semana de maio.


Libros

Elogio de la bicicleta

Publicado en 2008, Eloxio da bicicleta é definido por Marc Auge como «unha reflexión sobre á lembranza, ao mito e á utopía» como distintas caras da realidade que se constrúe ao redor da bicicleta, o cicloturismo e o ciclismo desde a posguerra europea ao mundo actual.