Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Atletismo: Intensa fin de semana

[31/05/2011] Vales Ferreira acadou a medalla de bronce no Campionato Galego de Atletismo Cadete e o Club USC foi premiado na V Carreira Pedestre Solidaria por achegar o maior número de participantes.

Previsións deportivas da fin de semana

[27/05/2011] Sábado con gran protagonismo do atletismo, polo seu carácter solidario cómpre salientar a V Carreira Pedestre Popular en Santiago de Compostela. Volve tamén o xadrez co Campionato Provincial de Benxamín e Alevín da Coruña.

Sábado 28: V Carreira Pedrestre Solidaria

[26/05/2011] O vindeiro sábado 28 de maio a partir das 17 horas da tarde celebrarase no Campus Sur da Universidade de Santiago a V Carreira Pedestre Solidaria na cal a Universidade participará como organizador achegando o seu gran de area a este proxecto solidario que, nesta edición, doará a súa recadación á Cociña Económica de Santiago de Compostela. As inscricións poderán ser enviadas ata mañá venres ás 14 horas.

Vitoria da USC no Campionato Galego de Equipos Infantís de Tenis

[25/05/2011] O pasado sábado 21 disputouse o encontro de volta da final do Campionato Final Campionato de Galicia por Equipos Infantil Masculinos de Tenis con vitoria do Club da USC sobre o Club Deportivo Dereito-Empresariais por 4-1. Este resultado sumado ao 3-2 da ida fai campión ao Club USC por un contundente 7-3.

Lucía Suárez Crespo, bronce no Campionato Galego Infantil en pista

[25/05/2011] A atleta do clube USC Lucía Suárez Crespo acadou a terceira posición na proba de 3.000 ML celebrada a pasada fin de semana en Monterrei (Ourense). Con este resultado Lucía Suárez completa unha brillante tempada na cal desde o Campo a Través, a pista cuberta e agora, a Pista Aire Libre non deixou de colleitar éxitos para o clube.