Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Finalizou a 2ª quenda do Verán CampUSC cunha festa da escuma

[13/07/2018] Hoxe chegou ao seu cabo a 2ª quenda do Verán CampUSC, na que participaron 100 rapaces e rapazas de entre 3 e 13 anos. Unha festa da escuma puxó fin á quenda que comezou o pasado día 2 de xullo.

Camiño ao Gaiás: Prazas cubertas na saída do xoves 12 de xullo

[10/07/2018] A prazas da saída de Camiño ao Gaiás do próximo xoves día 12 de xullo xa están cubertas. As solicitudes que se reciban farán parte dunha lista de agarda coa que se cubrirán eventuais baixas.

Xadrez: Diego Cacheiro e Eduardo Cabanas o Campionato de España Sub-10

[09/07/2018] Entre os días 2 e 7 de xullo celebrouse en Salobreña (Granada) o Campionato de España Sub-10 de xadrez, no que participaron 175 xogadores, entre eles, dous participantes do Club USC, Diego Cacheiro, actual subcampión galego na categoría, e Eduardo Cabanas, que quedaron, respectivamente, no posto 10º e 88º da clasificación.

Verán CampUSC: circuíto de duatlón co Club de Triatlón Arcade Inforhouse

[06/07/2018] O Verán CampUSC 2018 acolleu unha sesión de duatlón, organizada en colaboración do Club de Triatlón Arcade Inforhouse, na que participaron rapazas e rapaces maiores de sete anos. O circuíto de duatlón desenvolveuse na praza Rodríguez Cadarso no Campus Vida.

Prazas cubertas na 3ª e 5ª quenda do Verán CampUSC

[04/07/2018] Xa non é posible inscribirse na 3ª nin 5ª quenda ao estar cubertas as cen prazas ofertadas. Lembramos que está aberto o prazo de inscrición na 4ª quenda ata completar as prazas dispoñibles, que se van cubrindo por rigorosa orde de inscrición.