Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Resultados dos torneos Liga de Tenis USC e Xogamos ao Tenis Fin de Curso 2018

[26/06/2018] A fin de semana do 23 e 24 de xuño as pistas de tenis da USC foron a sede da fase final dos dous torneos organizados pola USC para as persoas usuarias da Escola de Tenis Base. No «Torneo da Liga de Tenis da USC», para os alumnos maiores de idade da Escola, participaron 52 tenistas, mentres que no «Torneo Xogamos ao Tenis Fin de curso 2018», destinado aos alumnos menores de idade da escola, houbo 22 participantes.

Competicións deportivas do Club USC na fin de semana

[21/06/2018] Na fin de semana do san Xoán, a axenda deportiva do Club USC convoca competicións de atletismo en Xixón, natación en Ourense e tenis en Compostela.

Programación da 1ª quenda do Verán CampUSC 2018

[20/06/2018] Publícase a programación da primeira quenda (22-29 de xuño) do Verán CampUSC 2018.

Competicións do Club USC na fin de semana

[15/06/2018] A axenda deportiva do Club USC no paso do ecuador do mes de xuño está dominada polo atletismo e o tenis.

Exitosa participación do Club USC no Campionato galego benxamín, alevín e infantil de atletismo

[15/06/2018] Mateo Dagman subiu ao podio con prata en 1.000 m e bronce en lonxitude da categoría benxamín e Carla Ruiz fíxose co bronce dos 80 m infantil.