Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas

Novas

Taekwondo: Emma Fernández e Martín Blanco, medallas de prata na Copa Xunta de Galicia

[21/11/2017] O pasado sábado, 18 de novembro, desputouse no Pavillón Municipal de Calo en Teo (A Coruña) a Copa: Xunta de Galicia de Técnica e o Campionato Galego de Hapkido. Na competición participaron tres taekwondistas do Club USC: Emma Fernández Bouvier, na categoría en Adulto A1 Feminino; Martín Blanco Lagares, na categoría amateur Adulto A1 masculino; e Marta Pedrouzo Piñeiro, na categoría competitiva, Senior 1 Feminino.

O II Curso Monográfico de Tai Chi e Chi Kung remata cunha cualificación altamente positiva dos seus participantes

[21/11/2017] O pasado sábado 18 tivo lugar o II Curso Monográfico de Tai Chi e Chi Kung, formación que correu a cargo de Amancio Rial e na que participaron dez persoas que avaliaron moi positivamente a actividade: un 8,9 sobre 10.

Fundación USC Deportiva. En negro, contra as violencias

[20/11/2017] A Fundación USC Deportiva fai parte da campaña «En negro, contra as violencias», que suma nesta edición de 2017 co apoio de case 4.000 establecementos comerciais e entidades sociais e mais 75 concellos galegos, que aspiran a situar a loita contra a violencia machista como prioridade das políticas públicas.

Competicións do Club USC na fin de semana

[16/11/2017] Intensa axenda deportiva do Club USC na fin de semana con convocatorias de fútbol veterano, natación, taekwondo e dobre xornada de competicións de tenis.

Track GPS, MIDE e mapa da ruta de subida ao Capeloso

[16/11/2017] Xa están dispoñibles os tracks GPS, o mapa e o MIDE da primeira actividade que facemos este curso dentro da programación de montaña: a subida ao Capeloso.