Cine
“A febre do xadrez” é un clásico do cinema mudo ruso, e unha peza visual clásica sobre o mundo do xadrez. A película de Vsevolod Pudovkin e Nikolai Shpikovsky ofrece unha versión humorada e retranqueira sobre a paixón polo xadrez que se desatou na URSS coa celebración dun campionato internacional na capita moscovita. A historia de ficción mestúrase con imaxes reais de partidas protagonizadas por grandes xadrecistas daquel tempo.