Fundación USC Deportiva USC

Programacións e organización dos grupos de entrada da cuarta quenda do Verán Campus

[24/07/2020] Publicadas as programacións e a organización dos grupos de entrada da cuarta quenda do Verán Campus (27-31 de de xullo)

Visita da Vicerreitora e vicepresidenta da Fundación USC Deportiva, María do Mar Lorenzo Moledo, e da concelleira Noa Díaz ao Verán CampUSC 2020.

[17/07/2020] A Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo, e a concelleira de Educación, Mocidade e Igualdade de Santiago, Noa Díaz, visitaron aos nenos e nenas da terceira quenda, acompañadas polo director do Verán CampUSC, Alberto Escudero, e mais por Rocío Bulnes, coordinadora da actividade.

Programacións e organización dos grupos de entrada da terceira quenda do Verán Campus

[10/07/2020] Publicadas as programacións e a organización dos grupos de entrada da segunda quenda do Verán Campus (13-24 de de xullo)

Programacións e organización dos grupos de entrada da segunda quenda do Verán Campus

[29/06/2020] Publicadas as programacións e a organización dos grupos de entrada da segunda quenda do Verán Campus (1-10 de xullo)

Comezou o Verán CampUSC 2020

[22/06/2020] No día de hoxe comezou a súa andaina a primeira quenda do Verán CampUSC 2020 que rematará o vindeiro día 30 de xuño. Participaron 62 rapaces e rapazas, distribuídos en seis grupos, nunha xornada que se desenvolveu con absoluta normalidade e na que houbo tempo para o brilé, o béisbol, o fútbol e o baloncesto; xogos como caza a bandeira ou ás agachadas; e exercicios de salto e velocidade entre outras actividades. Quen se desexe inscribir no Verán CampUSC aínda está a tempo: quedan prazas libres dispoñibles na segunda, terceira, cuarta e quinta quenda.

Programación de actividades da primeira quenda do Verán CampUSC 2020

[18/06/2020] Toda a información sobre a quenda de actividades da primeira quenda.

Actualización dos protocolos e medidas de prevención do Verán CampUSC 2020

[16/06/2020] Faise pública unha actualización actualización dos protocolos e medidas de prevención do Verán CampUSC 2020

Abre o prazo para cubrir as prazas vacantes do Verán CampUSC 2020

[15/06/2020] Hoxe abriu o prazo para cubrir as prazas vacantes do Verán Campus. Hai prazas libres en todas as quendas. Para acceder a estas prazas non se fai distinción entre persoas da USC ou alleas á comunidade universitaria.

Verán CampUSC 2020. Apertura de inscrición o luns 8 de xuño

[05/06/2020] O vindeiro luns, 8 de xuño, abriremos a inscrición no Verán CampUSC 2020. Esta edición contará con diversas novidades con respecto a anos anteriores debidas á situación extraordinaria na que nos atopamos.Hai unha moi importante: Non haberá preinscrición, as prazas iranse adxudicando por orde de chegada das inscricións que se farán exclusivamente en liña.

Verán CampUSC 2020

[14/05/2020] Nos últimos anos, durante a segunda quincena de abril abríase a preinscrición no Verán CampUSC. Tendo en conta a extraordinaria situación que estamos vivindo neste momento, na Fundación USC estamos á expectativa das decisións que tomen as autoridades sanitarias. En calquera caso, continuamos traballando na planificación do programa valorando diferentes circunstancias en canto á data de inicio, formato, programación, número de participantes, protocolos de actuación, medidas a adoptar, etc. pero coa intención de levar a cabo este programa de conciliación se as autoridades o permiten. Recomendamos permanecer atentos á nosa páxina web para futuras informacións.

Verán CampUSC 2020

22-30 de xuño; 1-31 de xullo de 2020; e 1-9 de setembro de 2020


    Proximamente se incluirán novos eventos


Libros

Elogio de la bicicleta

Publicado en 2008, Eloxio da bicicleta é definido por Marc Auge como «unha reflexión sobre á lembranza, ao mito e á utopía» como distintas caras da realidade que se constrúe ao redor da bicicleta, o cicloturismo e o ciclismo desde a posguerra europea ao mundo actual.