Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Preto de 150 persoas participaron xa no programa «Pónnos verde. Planta unha árbore no Bosque de Galicia»

[10/01/2018] A iniciativa «Pónnos verde. Planta unha árbore no Bosque de Galicia» encamíñase cara ao seu ecuador. Desde que, en decembro de 2017, botou andar este programa de actividade física, xestionado pola Fundación Cidade da Cultura coa colaboración da Fundación USC Deportiva e o patrocinio de Viaqua, participaron preto de 150 persoas, entre adultos e nenos e nenas. A iniciativa continua ao longo do primeiro trimestre de 2018.

Quendas con prazas dispoñibles

Xaneiro

  • 13 xaneiro só na quenda das 10 h.       
  • 20 xaneiro só na quenda das 10 h.
  • 27 xaneiro só na quenda das 10 h.

Febreiro

  • 3 febreiro só na quenda das 10 h.
  • 10 febreiro quenda das 10 h. e das 12 h.
  • 17 febreiro quenda das 10 h. e das 12 h.

Marzo

  • 3 marzo quenda das 10 h. e das 12 h.
  • 10 marzo quenda das 10 h. e das 12 h.   
  • 17 marzo quenda das 10 h. e das 12 h.
  • 24 marzo quenda das 10 h. e das 12 h.