Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Finalizou a 2ª quenda do Verán CampUSC cunha festa da escuma

[13/07/2018] Hoxe chegou ao seu cabo a 2ª quenda do Verán CampUSC, na que participaron 100 rapaces e rapazas de entre 3 e 13 anos. Unha festa da escuma puxó fin á quenda que comezou o pasado día 2 de xullo.

Nesta quenda, entre outras moitas actividades, os nenos e nenas coñeceron de preto o mundo do circo da man de CircoNove e o duatlón grazas á colaboración do Club Triatlón Arcade Inforhouse.

O vindeiro luns comeza unha nova quenda que conclúe o próximo 20 de xullo cunha programación que contará co engado dunha visita á Fervenza do Toxa.

Na 4ª quenda do Verán CampUSC, que se desenvolverá entre o 23 e o 31 de xullo, aínda quedan libres prazas.