Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Visita da concelleira de Santiago, Marta Lois, e da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo, ao Verán Campus

[16/07/2018] A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, María do Mar Lorenzo, xunto co Xerente da Fundación, Óscar Hermida, visitaron hoxe aos integrantes da terceira quenda do Verán CampUSC 2018.

A Concelleira e a Vicerreitora suberon de primeira man do funcionamento do Verán Campus e tiveron ocasión de falar con algúns dos cativos e cativas que lles achegaron as súas valoración das actividades desenvolvidas na terceira quenda.