Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Competicións deportivas do Club USC

[27/07/2018] Na última fin de semana de xullo, a natación e o atletismo acaparan o protagonismo na axenda deportiva do Club USC co campionato de atletismo de 10 km en ruta que se celebra en Marín e as probas do XV Circuíto Galego de Augas Abertas que o sábado e domingo van ter lugar en Lugo e Vilagarcía de Arousa.

Sábado 28

  • Atletismo: Campionato de Galicia de 10 km en ruta (Marín).
  • Natación: XV Circuíto Galego de Augas Abertas: VI Travesía «Minius» Cidade de Lugo.

Domingo 29

  •  Natación: XV Circuíto Galego de Augas Abertas: XXXVI Travesía Porto de Vilargarcía.