Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Nove atletas do Clube USC participan no Campionato Provincial Escolar

[04/02/2019] O pasado sábado desputouse nas instalacións de A Malata en Ferrol o Campionato Provincial de Campo a través escolar para clubes federados no que os nove atletas do clube USC que participaron asinaron unha notable actuación.

Polo Club USC participaron:

  • Marta Lama Fernández e Lucía Taboada Codesido na categoría benxamín femenino;
  • Elvis Samuel Omotumishe en benxamín masculino;
  • Demeku Paniagua Rodríguez, Debris Paniagua Rodríguez e Adriana Vila Fernández en alevín femenino;
  • Mateo Dagnac Llompart en alevín masculino;
  • Lucas Dagnac Llompart e Nicolás Nsang Gómez en infantil masculino.

Mateo Dagnac tivo un destacada actuación e logrou o pase para o Campionato galego de campo a través escolar ao facerse cun meritorio 6º lugar; outro tanto o seu irmán, Lucas Dagnac Llompart, que acadou o 5º posto na categoría infantil onde Nicolás Nsang rexistrouse no posto 14. Salientar, por último, a estrea de Elvis Samuel en categoría benxamín.

En féminas as irmáns Demeku e Debris Paniagua acadaban o 9º e 10º posto na proba e Adriana Vila na mesma categoría o facía no posto 14. Apuntar tamén a estrea de Lucía Taboada Codesido en categoría benxamín cunha fantástica actuación.