Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Éxito de participación na xornada sobre prevención de accidentes de montaña

[12/04/2019] A aula de formación da Biblioteca Concepción Arenal acolleu, no día de onte, a xornada sobre prevención de accidentes de montaña e pautas de actuación dirixida por Antonio Rodríguez, diplomado en Enfermería, Técnico Deportivo en Escalada e Alta Montaña e membro da Escola Galega de Alta Montaña. Cuberta a totalidade das prazas de asistencia convocadas, quince participantes achegáronse ao coñecementos básicos sobre prevención de accidentes e riscos na montaña familiarizándose asemade cos protocolos de actuación en situacións de emerxencia.

O ciclo formativo sobre actividades de montaña acolle unha nova xornada o vindeiro 6 de xuño sobre meteoroloxía básica de montaña e organización de saídas. A sesión será dirixida por Daniel Cacabelos Barral licenciado en Química, Doutor en Medicina Experimental e Técnico Deportivo en Montaña e Escalada.