Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

A Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos e Vicepresidenta da Fundación USC Deportiva, a concelleira de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela e o xerente da Fundación USC Deportiva visitan a cuarta quenda do Verán CampUSC

[23/07/2019] Os nenos e nenas da cuarta quenda recibiron hoxe a visita de Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos e Vicepresidenta da Fundación USC Deportiva; Noa Díaz Varela, concelleira de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela; e Óscar Hermida Otero, xerente da Fundación USC Deportiva; representantes das tres entidades que colaboran no programa Verán CampUSC 2019. A xornada de hoxe, ademais, acolleu diversas actividades deportivas (esgrima, acrosport), teatrais e un obradoiro de acuoloxía.