Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Seis combinados da USC nos Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos

[06/03/2020] Onte, xoves 5 de marzo, celebrouse en Pontevedra o XXIII Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos entre as universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela con competicións nas categorías masculinas e femininas de baloncesto, balonmán, fútbol, fútbol sala, rugbi 7 e voleibol para decidir quen vai representar a Galicia na fase final do Campionato de España Universitario. Competiron un total de 35 equipos formados por 500 alumnos e alumnas das tres universidades galegas.

Entre os equipos que achegou a USC, os de balonmán masculino e feminino, voleibol masculino e feminino, fútbol 11 masculino e fútbol sala feminino foron adestrados e dirixidos polos técnicos deportivos da Fundación USC Deportiva Bruno López, Susana Rodríguez e Roberto Valdés.

Equipo de balomán feminino da USC.