Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Atletismo: O club USC na Gala Circuíto Deputación e no Campionato de Galicia Sub 16 en Pista Cuberta

[09/03/2020] O Pazo de Mariñán (Abegondo) acolleu, o venres 6, a Gala do VII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña na que a atleta do club USC Lucía Taboada Codesido recibiu o galardón como gañadora femenina da categoría sub 10 (benxamín). Ademais o sábado 7 desputouse, na pista cuberta de Expourense, o Campionato de Galicia Sub 16.

No Campionato de Galicia Sub 16 participaron 3 atletas do clube USC. En 600 ML debutou María Lama Fernández, que ademais repetiría, xunto a Carla Ruíz Marín, a súa participación na proba 60 ML. Ambas as dúas atletas tiveron unha excelente actuación e chegaron á final da proba raiña de velocidade do campionato. Pola súa parte, Nicolas Nsang Gómez fixo un excelente cuarto posto na proba de 600 ML.

Lucía Taboada Codesido gañadora da categoría sub 10 femenina.