Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Protocolo de servizo da Fundación USC Deportiva diante da situación creada polo COVID-19

[13/03/2020] Co fin de garantizar a saúde dos usuarios e traballadores, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación ao COVID-19, a Fundación adopta as seguintes medidas: 1/ Habilitación de traballo non presencial para o persoal e así evitar riscos de contaxio colectivo do equipo de traballo na sede da Fundación. 2/ A prestación de servizos deportivos a entidades, institucións, etc. queda suspendida ao 100% desde o día 14 de marzo.3/ Sempre haberá unha persoa de maneira presencial nas nosas oficinas para a atención telefónica.

As medidas en canto as canles de comunicación coa entidade serán:

  • Atención telefónica no horario habitual.
  • A través dos enderezos electrónicos corporativos de cada traballador ou traballadora e no xenérico da entidade, info@fundacionuscdeportiva.org
  • Evitar, salvo situacións de urxencia ou gravidade, a visita presencial á sede da entidade.

Seguiremos traballando nos próximos días para ir incorporando as medidas necesarias para que os mecanismos de funcionamento habituais funcionen con normalidade.

Apelamos, unha vez máis, á responsabilidade individual e a que se atendan, de maneira estrita, as instrucións das autoridades sanitarias para superar canto antes a situación creada polo COVID-19.