Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Actualización do Protocolo de servizo da Fundación USC Deportiva diante da situación creada polo COVID-19

[16/03/2020] Co fin de garantizar a saúde dos usuarios e traballadores, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación ao COVID-19, o goberno estatal e a Xunta de Galicia, a Fundación adopta as seguintes medidas: 1/ Habilitación de traballo non presencial para o persoal e así evitar riscos de contaxio colectivo do equipo de traballo na sede da Fundación. 2/ A prestación de servizos deportivos a entidades, institucións, etc. queda suspendida ao 100% desde o día 14 de marzo. 3/ A sede da entidade permanecerá pechada.

As medidas en canto as canles de comunicación coa entidade serán:

  1. Atención telefónica no horario habitual no número 881 97 53 99.
  2. A través dos enderezos electrónicos corporativos de cada traballador ou traballadora e no xenérico da entidade, info@fundacionuscdeportiva.org

Seguiremos traballando nos próximos días para ir incorporando as medidas necesarias para que os mecanismos de funcionamento habituais funcionen con normalidade.
 
Apelamos unha vez máis, a responsabilidade individual e atender de maneira estrita as instrucións das autoridades sanitarias para superar o antes posible esta situación.