Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Visita da Vicerreitora e vicepresidenta da Fundación USC Deportiva, María do Mar Lorenzo Moledo, e da concelleira Noa Díaz ao Verán CampUSC 2020.

[17/07/2020] A Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo, e a concelleira de Educación, Mocidade e Igualdade de Santiago, Noa Díaz, visitaron aos nenos e nenas da terceira quenda, acompañadas polo director do Verán CampUSC, Alberto Escudero, e mais por Rocío Bulnes, coordinadora da actividade.

A edición deste ano do Verán CampUSC, polo que xa levan pasado 259 nenos e nenas, é moi diferente ás anteriores, organizada con grupos moi reducidos, actividades con moi pouco contacto e obradoiros sobre hixiene relacionada coa COVID-19.

A programación do Verán CampUSC 2020 contempla un amplo abano de actividades deportivas e de ocio e tempo libre planificadas atendendo a criterios psicopedagóxicos e de perspectiva de xénero e conta cun esixente protocolo de seguridade que contempla, entre outras medidas, o subministro de xabón e xel sanitizante aos participantes, así como que os rapaces e rapazas maiores de 6 anos leven a súa propia máscara facial.

O Verán CampUSC leva celebrado xa tres quendas e aínda quedan prazas libres para a cuarta e quinta quenda que se desenvolverán do 27 ao 31 de xullo e do 1 ao 9 de setembro, respectivamente.

O prazo de inscrición para a cuarta quenda péchase o vindeiro día 23 e pode formalizarse a través desta ligazón.

[Fotografía: Santi Alvite].