Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Alicia López Fraile gaña o VIII Concurso de Postais de Nadal da Fundación Universidade de Santiago

[17/12/2020] O xurado do VIII Concurso de Postais de Nadal acordou premiar o debuxo de Alicia López Fraile, de 7 anos. A gañadora contará cunha praza gratuíta no Verán CampUSC 2021 e recibirá un vale de 100 € para canxear por material deportivo. O debuxo será asemade o motivo da tarxeta de Nadal da Fundación Universidade de Santiago.