Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Priscila Sánchez Vidal, atleta do Club USC, campioa galega de salto triplo

[22/12/2020] Priscila Sánchez Vidal gañou o ouro no Campionato de Galicia de Atletismo sub 10 - sub 12 - sub 14 celebrado a pasada fin de semana. A atleta do Club USC, adestrada por Juan José Pazos Valiño e Manuel Vigo Otero, acadou a mellor marca do campionato na proba de salto triplo, superando en máis de 70 cm a súa anterior marca.