Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Publicadas as listaxes provisorias de persoas admitidas no Verán CampUSC

[19/05/2021] Fanse públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas nas cinco quenda do Verán CampUSC 2021.

As listaxes foron elaboradas pola Comisión de Seguimento seguindo os criterios das bases de participación, reunida o 18 de maio de 2021.

Publícase un documento por quenda. Cada un destes arquivos inclúe:
    •    Comunidade Universitaria – Nacidos/as entre 2008 e 2017
    •    Público Xeral- Nacidos/as entre 2008 e 2017
    •    Comunidade Universitaria – Nacidos/as entre 2004 e 2007
    •    Público Xeral – Nacidos/as entre 2004 e 2007
    •    Listado de agarda da Comunidade Universitaria
    •    Listado de agarda do Público Xeral
    •    Persoas excluídas da Comunidade Universitaria
    •    Persoas excluídas do Público Xeral

Listaxes provisorias de persoas admitidas

Tal e como figura no apartado 6 das bases de participación, os días 20 e 21 de maio terá lugar un período de reclamacións e corrección de erros nas listaxes publicadas. As reclamacións faranse no correo info@fundacionuscdeportiva.org.

 
O 24 de maio publicaranse na web da Fundación USC as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda e abrirase o prazo para que as persoas admitidas formalicen as súas prazas.
 
A partir do 24 de maio quedará aberta tamén a inscrición para persoas que non fixeron preinscrición nas quendas nas que hai prazas libres, que son as seguintes:
 
    •    Para nacidos/as entre 2008 e 2017: 5ª quenda
    •    Para nacidos/as entre 2004 e 2007: Todas as quendas