Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Listaxes definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2021

[24/05/2021] Publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2021 e ábrese prazo de inscrición.

Fánse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas nas cinco quendas do Verán CampUSC 2021 e ábrese o prazo de inscrición.

Unha vez finalizado o período de reclamacións, publícanse as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2021.

Publícase un documento por quenda. Cada un destes arquivos inclúe:
    •    Comunidade Universitaria – Nacidos/as entre 2008 e 2017
    •    Público Xeral- Nacidos/as entre 2008 e 2017
    •    Comunidade Universitaria – Nacidos/as entre 2004 e 2007
    •    Público Xeral – Nacidos/as entre 2004 e 2007
    •    Listado de agarda da Comunidade Universitaria
    •    Listado de agarda do Público Xeral
    •    Persoas excluídas da Comunidade Universitaria
    •    Persoas excluídas do Público Xeral

Listaxes definitivas de persoas admitidas

Inscrición e pagamento

Os admitidos e admitidas no período de preinscrición poderán formalizar a súa praza cubrindo o formulario de inscrición on line e efectuando o pagamento a través da plataforma on line ata o 6 de xuño.

As persoas inicialmente admitidas no período de preinscrición, que non formalicen a praza antes do 6 de xuño, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

As listaxes de persoas admitidas están elaboradas tendo en conta a preinscrición feita. No caso de que finalmente desexe inscribirse en menos quendas (ou a menos fillos/as) das que figuran na preinscrición, debe consultar previamente coa Fundación xa que podería modificarse a súa situación nas listaxes e pasar á lista de agarda.

Agradecemos que aquelas persoas que teñan clara a renuncia á súa praza nolo comuniquen enviando un correo a info@fundacionuscdeportiva.org para poder comezar a chamar canto antes ás persoas que figuran nas listas de agarda.

Apertura do proceso de inscrición para persoas que non fixeran a preinscrición

A partir deste momento queda aberta tamén a inscrición para persoas que non fixeron preinscrición nas quendas nas que hai prazas libres, que son as seguintes:
 
    •    Para nacidos/as entre 2008 e 2017: 5ª quenda
    •    Para nacidos/as entre 2004 e 2007: Todas as quendas.