Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Verán CampUSC 2021: Prazo de inscrición finalizado

[06/06/2021] O 6 de xuño finalizou o prazo de inscrición para as persoas admitidas na preinscrición. Ao longo do día 7 de xuño publicarase nesta páxina web en que quendas quedan prazas dispoñibles. A partir dese momento as prazas, abertas a todos os públicos, iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

As persoas inicialmente admitidas no periodo de preinscrición que non formalizaron a súa praza antes do 6 de xuño, perderon a súa reserva de prazae só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.

As persoas que figuran na lista de agarda serán contactadas a través do correo electrónico e disporán de 48 horas para formalizar a praza.