Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Verán CampUSC 2021: Aberto novo prazo de inscrición

[06/06/2021] Ábrese un novo prazo de inscrición nas seguintes quendas: Nacidos/as entre 2004 e 2007: todas as quendas; e nacidos/as entre 2008 e 2017: 4ª e 5ª quenda.

As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de chegada.

Hoxe comezaremos a comunicarnos por correo electrónico coas persoas que figuran nas listas de agarda da 1ª, 2ª, 3ª e 4ª quenda. O prazo para formalizar a praza das persoas chamadas será de 48 horas. Pasado ese tempo, chamarase á seguinte persoa da lista de agarda.

5ª quenda

O pasado venres 4 de xuño a Consellería de Educación comunicou que o curso escolar 2021/2022 comezará o 9 de setembro en Educación Infantil e Primaria, polo que a Fundación ofertará a posibilidade de ampliar a 5ª quenda ata o día 8. Nos vindeiros días porémonos en contacto coas persoas inscritas en dita quenda para explicarlles como proceder.