Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Atletismo. O Club USC no podio dos Campionatos de Galicia de Milla e 1 km en ruta

[14/06/2021] O pasado domingo disputouse en Santiago de Compostela o Campionato de Galicia de 1 km e milla en ruta da tempada 2021. O Club USC acadou dúas medallas de prata (Sub 16 masculinas e Sub 20 masculina) e unha de bronce (M 60 masculina).

Palmarés

  • Nicolás Nsang Gómez, medalla de prata e subcampión galego na categoría sub 16 masculina;
  • Yago Ignacio García Sainz, medalla de prata e segundo clasificado na categoría sub 20 masculina;
  • Manuel García Bello, medalla de bronce e terceiro clasificado na categoría M 60 masculina.