Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Amplíase a 5.ª quenda do Verán CampUSC ata o 8 de setembro

[13/07/2021] Unha vez coñecido o calendario escolar do curso 2021-22 en Educación Infantil e Primaria, a quenda de setembro do Verán CampUSC amplíase ata o día 8 de setembro.

As persoas xa inscritas na 5.ª quenda poden elixir entre ampliar a súa participación ata o día 8 de setembro ou rematar o día 7, tal e como se inscribiron nun comezo.

Para ampliar a 5.ª quenda ata o día 8 débese aboar:

  • 1 neno/a: 15 €
  • 2 nenos/as: 27 €

Este pagamento pode facerse a través da pasarela de pago ou facer unha transferencia nalgún dos números de conta da Fundación (consultar nas bases) e enviar o xustificante de pago a info@fundacionuscdeportiva.org.

Para as persoas que se inscriban na 5.ª quenda a partir de agora, a inscrición abarcará do 1 ao 8 de setembro.