Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Concurso de Postais de Nadal. Entrega de premios a Lara Guisande e Alejandra López

[30/12/2021] No día de hoxe, Lara Guisande Calvo, de 5 anos, recibiu o seu premio como gañadora do Concurso de Postais de Nadal: unha praza gratuíta no Verán CampUSC 2022 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. O xerente da Fundación Universidade de Compostela, Óscar Hermida, fixo igualmente entrega do seu premio —un lote de libros— a Alejandra López Fraile que foi galardonada cun accésit na IX edición do concurso de postais.