Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Nova edición do Verán CampUSC. Ábrese o período de inscrición até o 11 de maio

[25/04/2022] Publícanse as bases do Verán CampUSC 2022 e ábrese o período de inscrición até o 11 de maio para todo tipo de solicitantes. O programa Verán CampUSC 2022, organizado pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela, é unha actividade que ten lugar no período non lectivo do verán (agás o mes de agosto) co fin de conciliar a vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral.

Neste programa, no que colaboran a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, os rapaces e rapazas participantes coñecerán unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros e actividades e saídas culturais.

  • Bases Verán CampUSC 2022

    Prazo de inscrición finalizado

    O prazo de inscrición no Verán CampUSC 2022 rematou o 11 de maio.

    O 20 de maio, como data límite, publicaranse na web da Fundación as listas provisionais de persoas admitidas en cada quenda.

    O 25 de maio publicaranse as listas definitivas de persoas admitidas en cada quenda e, no caso de que nalgunha quenda queden prazas dispoñibles, abrirase novamente o prazo de inscrición ata cubrir as prazas.