Unha vez finalizado o período de reclamacións, publícanse as listas definitivas de persoas admitidas no Verán CampUSC 2022.
As persoas admitidas deberán formalizar a súa praza efectuando o pagamento ata o 6 de xuño. Non hai que cubrir de novo o formulario de inscrición.
As persoas inicialmente admitidas que non formalicen a praza antes do 6 de xuño, perderán a súa reserva de praza e só poderán inscribirse posteriormente no caso de que aínda houbera prazas libres.
As listaxes de persoas admitidas están elaboradas tendo en conta a preinscrición feita. No caso de que finalmente desexe inscribirse en menos quendas (ou a menos fillos/as) das que figuran na inscrición, debe consultar previamente coa Fundación xa que podería modificarse a súa situación nas listaxes e pasar á lista de agarda.
Agradecemos que aquelas persoas que teñan clara a renuncia á súa praza nolo comuniquen enviando un correo a info@fundacionusc.gal para poder comezar a chamar canto antes ás persoas que figuran nas listas de agarda.
A partir deste momento queda aberta tamén a inscrición para persoas que non fixeron preinscrición nas quendas nas que hai prazas libres, que son as seguintes: