Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Visita institucional ao Verán CampUSC 2022

[20/07/2022] Estes mércores, os 108 nenos e nenas da terceira quenda do Verán CampUSC 2022 recibirion unha visita institucional na que participaron o Reitor da USC, Antonio López; a Concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón; a delegada do Reitor para a Igualdade, Marta Pérez; o xerente da Fundación USC, Óscar Hermida; o director do Verán CampUSC, Anxo Tarrío, e a súa coordinadora, Rocío Bulnes.

Preto de 200 nenos e nenas danse cita ao longo deste verán nas diferentes quendas do Verán CampUSC 2022, iniciativa coa que a Fundación Universidade de Santiago de Compostela fomenta a conciliación da vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC coma do público xeral.  

A Fundación Universidade de Santiago de Compostela impulsa esta iniciativa dirixida a rapaces e rapazas que poderán participar en actividades de iniciación deportiva e de xogos tradicionais, ademais de realizar diferentes obradoiros e saídas culturais.

[Fotografía: Santi Alvite]