Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade e o vicerreitor de Estudantes visitaron Verán CampUSC 2012

[30/07/2012] O pasado xoves 26 de xullo, Francisco Durán Villa, Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua e Vicepresidente da Fundación USC Deportiva, e Benita Silva Hermo, Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, visitaron aos participantes da cuarta quenda do Verán CampUSC 2012.

Na súa visita, os dous vicerreitores tiveron ocasión de saudar aos 44 participantes da cuarta quenda do Verán CampUSC, que finaliza o vindeiro 31 de xullo, e estiveron presentes no desenvolvemento dalgunhas das actividades da xornada. Os vicerreitores foron acompañados na súa visita pola Secretaria do Padroado da Fundación USC Deportiva, Esther Martínez Piñeiro.

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua  a Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, das que son titulares Francisco Durán Villa e Benita Silva Hermo, colaboran  coa organización do Verán CampUSC dende o inicio deste programa que se está a celebrar por cuarto ano consecutivo e cun grande éxito de participación, superando xa, neste momento, as cifras de usuarios acadadas na edición de 2011.  

O Verán CampUSC retomará as súas actividades en setembro, tras a paréntese vacacional de agosto, para dar cabo a súa quinta quenda entre o 3 e 11 de setembro.


Visita a Verán CampUSC 2012