Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Canteranos do Santiago Futsal animan deportivamente o Verán CampUSC

[06/09/2012] Lucho e David Pazos, xogadores do Santiago Futsal, visitaron o mércores aos rapaces da quinta quenda do Verán CampUSC.

Os cativos e cativas do Verán CampUSC foron anfitrións dos canteranos Lucho e David Pazos do Santiago Futsal na mañá do mércores. Os xogadores, acompañados pola xefa de prensa do equipo compostelano, mantiveron unha animada charla cos nenos nas que deron conta dos seus inicios no deporte profesional, das súas expectativas e na que compartiron multitude de anécdotas con eles.

Como recoñecemento polo seu labor deportivo e polas atencións, os nenos e nenas do Verán CampUSC fixéronlle entrega dunha pancarta de apoio e ánimo ao equipo da capital de Galicia.

Autógrafos e fotografrías acompañaron unha animada xornada na que o Verán CampUSC incluíu, por vez primeira, a visita de deportistas de élite para darlles a coñecer a experiencia e contar coa súa colaboración para a promoción da práctica deportiva entre os máis pequenos.