Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Mapas e Track GPS da saída do Canon do Sil-Ribeira Sacra Lucense

[31/01/2013] Publicados o mapa e Track GPS da saída de Doade a Vilar de Mouros no Canon do Sil-Ribeira Sacra Lucense.
  • Mapa da ruta de Doade a Vilar de Mouros. Canon do Sil e a Ribeira Sacra Lucense.
  • Track GPS da ruta de Doade a Vilar de Mouros. Canon do Sil e a Ribeira Sacra Lucense.
  • Track GPS da ruta de Doade a Vilar de Mouros. Canon do Sil e a Ribeira Sacra Lucense (Comprimido)

Información da ruta

Esta ruta forma parte do sendeiro homologado PR-G157. Farase nesta ocasión unha parte, de Doade ata Vilar de Mouros.

O camiño discorre pola parte alta das Terras de Lemos, ao carón do canón do Sil. Comeza a andaina en Doade, parroquia de Sober.

A ruta ten un altísimo interese paisaxístico, natural e cultural. Poderase observar o río Sil dende fermosos miradoiros naturais, así como diferentes elementos culturais.

E salientable tamén a biodiversidade da ruta nesta zona claramente influenciada polo clima mediterráneo.

Os camiños en xeral son moi bos, agás un tramo de 1 quilómetro no que cómpre prestar atención xa que o sendeiro é serpeante e algo complicado, tamén pode producir algo de vértixe, aínda que non é perigoso. Se é preciso procuraranse alternativas de trazado.

  • Hora de saída: 09:00 h.
  • Hora de regreso: 20:30 aprox.
  • Lonxitude da ruta: 14 km.
  • Desnivel: medio.
  • Dificultade: media.