Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Mapa e Track GPS do Camiño de San Rosendo (Bande)

[07/02/2013] Publicados o mapa e Track GPS do camiño de San Rosende nas terras de Bande.
  • Mapa do Camiño de San Rosendo
  • Track GPS do Camiño de San Rosendo
  • Track GPS do Camiño de San Rosendo (Comprimido)

Información da ruta

O Camiño de San Rosendo forma parte dos Camiños Naturais habilitados polo Ministerio de Medio Ambiente. Nesta ocasión faremos o tramo de Santa Comba até Bande.

Ten un alto interese natural pola súa vexetación formada por pequenos bosques moi ben conservados e un alto interese cultural polas igrexas (destaca principalmente a de Santa Comba do século VII), cruceiros e petos de ánimas que se atopan ao longo do percorrido, así como polos restos do campamento romano Aquis Querquennis e o seu centro de interpretación que se poderá visitar.

Tamén visitaremos ao rematar o percorrido, se dá tempo, as termas naturais que hai no lugar dos Baños, onde os que gusten, poderán gozar  dun baño. Cómpre levar bañador e toalla. As persoas con tensión baixa debe ter precaución.

  • Hora de saída:09:00 h
  • Hora de regreso:21:00 aprox.
  • Lonxitude da ruta: 16 km.
  • Desnivel: baixo-medio
  • Dificultade:media (pode haber moita lama)