Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Mapa e Track GPS da ruta de Vilar de Mouros a Augas Mestas

[21/02/2013] Publicados o mapa e Track GPS da ruta de Vilar de Mouros a Augas Mestas no Canón do Sil.
  • Mapa da ruta de Vilar de Mouros a Augas Mestas (Canón do Sil)
  • Track GPS da ruta de Vilar de Mouros a Augas Mestas (Canón do Sil)
  • Track GPS da ruta de Vilar de Mouros a Augas Mestas (Canón do Sil) (Comprimido)

Información da ruta

Faremos o último tramo do sendeiro homologado PR-G157. Comeza a ruta onde rematamos a parte anterior, preto de Vilar de Mouros e iremos ata Parada, moi preto de Augas Mestas, onde o río Lor únese ao Sil. As vistas sobre a Ribeira Sacra son espectaculares e moi variadas.

Ten tamén un alto interese natural pola súa biodiversidade, destacando pequenos bosques de especies de climas mediterráneos como sobreiras e érbedos. Predominan durante a ruta os sendeiros estreitos, con pedras e lama, con algúns puntos esvaradizos onde cómpre prestar atención.

  • Hora de saída: 09:00       
  • Hora de regreso: 21:00 aprox
  • Lonxitude da ruta: 17 km.
  • Desnivel: medio - alto (sobre todo de baixada)
  • Dificultade: media-alta (sendas pedregosas e esvaradizas)