Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Mañá celébrase o Curso Básico de Manexo de GPS

[05/04/2013] A partir das 9 horas do sábado bota andar o Curso Básico de Manexo de GPS que desenvolverá Javier Aradas Mariñas na Aula de Formación da Biblioteca Universitaria Concepción Arenal.

Este curso pretende que todas aquelas persoas que adquiriron recentemente un dispositivo GPS aprendan a sacarlle o máximo partido a partir dunha sesión teórica, probas de campo e unha sesión interactiva onde se analizarán os resultados obtidos na proba de campo.