Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Alta valoración do Curso Básico de Manexo de GPS

[08/04/2013] O pasado sábado celebrouse o Curso Básico de Manexo de GPS dispensou Javier Aradas Mariñas que foi valorado positivamente polos participantes nos seus contidos e no desenvolvemento dos aspectos prácticos.

Javier Aradas Mariñas, técnico de Sendeiros pola Federación Española de Montaña e Escalada e a Escola Española de Alta Montaña, dedicou a primeira parte da xornada a introducir aos asistentes nas nocións e fundamentos básicos do sistema GPS, nos tipos e modelos de receptores, nos softwares máis comúns, e na explotación de datos e interpretación da cartografía. Logo desenvolveuse unha sesión práctica con probas de campo e unha posta en común para aclarar dúbidas e valorar os coñecementos ensaiados.