Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actualidade > Novas > Nova

Nova

Magnífica valoración do Curso de Iniciación á meditación e o movemento

[22/04/2013] O sábado 20 de abril celebrouse o Curso de iniciación á meditación e o movemento que dispensou Amancio Rial Bouza. Os alumnos asignaron unha excelente cualificación dun 9'3 ao desenvolvemento do curso, salientado na súa valoración a calidez e calidade docente de Amancio Rial.

Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva mais de doce anos impartindo ensinanzas de Tai Chi, Kung Fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e na Fundación USC Deportiva. Realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas Facultades de Filosofía e de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento.

O Curso de iniciación á meditación e o movemento tiña por obxectivos desenvolver o hábito da meditación por medio dun sistema natural e sinxelo; tomar conciencia dos nosos procesos de pensamento, do control da respiración e a postura corporal; e achegar aos participantes diferentes técnicas de meditación a través de disciplinas como, entre outras, o Tai Chi, o Chi Kung e o Ioga, ademais de ensaiar prácticas persoais de relaxación e familiarizar aos participantes co taoísmo, o budismo e o zen xaponés.