Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Rutas de sendeirismo de decembro

14 e 31 de decembro
Dúas rutas para ir despedindo o ano. Unha camiñada á fervenza de Painceiras (As Pontes) e a tradicional saída de fin de ano, desta volta, para subir ao monte Pedroso.
   

Comida de Nadal. Grupo de sendeirismo da USC

19 de decembro
O proxímo día 19, o grupo de sendeirismo da USC celebrará o seu xantar de Nadal. Prezo por persoa: 25 euros. Data límite de inscrición: 16 de decembro. A inscrición e o pagamento faise no Restaurante-Mesón O´42 (Rúa do Franco 42).
   

VII Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

A data límite de recepción dos orixinais será o 9 de decembro de 2019.
O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2020 e un vale de 100 € para canxear por material deportivo. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que elaborará para este ano a Fundación USC Deportiva. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas nados entre os anos 2007 e 2016 (ambos incluídos).
   

Rutas de sendeirismo de novembro

16 de novembro
A terras de Baños de Molgas acollen a ruta de sendeirismo do mes de novembro.
   

II Curso Monográfico de Tai Chi e Chi Kung

Sábado 14 de decembro de 2019
O tai chi chuan, comunmente chamado tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todos os rincóns do mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas. Esta arte de perfil psicofísico, ao igual que o Ioga, entre outras disciplinas orientais, chegou a Occidente non só para construír o seu propio contexto, senón tamén para adaptarse á nosa cultura.

 

<< Primeira < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Última >>