Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Curso de Iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung

Sábados 5 e 12 de marzo de 2016
O tai chi chuan, comunmente chamado tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todos os rincóns do mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas. Esta arte de perfil psicofísico, ao igual que o Ioga, entre outras disciplinas orientais, chegou a Occidente non só para construir o seu propio contexto, senón tamén para adaptarse á nosa cultura.
   

Rutas de sendeirismo de xaneiro

23 e 30 de xaneiro
As serras do Candán e do Suído acollen as dúas primeiras rutas de sendeirismo de 2016.
   

Xornadas teórico-prácticas de iniciación á autodefensa

23 de xaneiro e 6 de febreiro de 2016
O modelo de aprendizaxe proposto tradicionalmente polas artes marciais incide maioritariamente na adquisición e perfeccionamento das habilidades físico-técnicas como solución a una agresión de carácter físico. Sen embargo, presta moi pouca ou ningunha atención á adquisición de habilidades sociais, emocionais e cognitivas, polo que non ofrece solucións a outro tipo de agresións, diferentes ás de carácter físico, e moito máis frecuentes no día a día.
   

Rutas de sendeirismo decembro

12, 19 e 31 de decembro
Tres rutas de interese para despedir o ano: o Camiño dos Faros de Corme a Cabana de Bergantiños; a Pena de Fornos en Santalla de Bóveda, e a subida ao monte San Lois na ruta de fin de ano.
   

III Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Data límite de recepción de orixinais: 9 de decembro de 2015
Fanse públicas as bases do III Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva.