Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

I Curso Monográfico de Tai Chi

15 de marzo
Amancio Rial dispensará un curso de achegamento ao Tai Chi nas instalacións do Colexio Maior Rodríguez Cadarso. O prezo da actividade é de 20 euros ou 25 euros incluída a comida. O curso contará cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 8.
   

II Obradoiro de Técnicas de Relaxación e meditación

12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 23 e 30 de abril; 7, 14, 21 e 28 de maio; e 4 de xuño de 2014
A Fundación USC Deportiva, en colaboración coa spinn-off Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica organizan un Obradoiro de técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde. Constará de 12 sesións de unha hora cunha frecuencia semanal. O seu prezo é de 150 euros.
   

Saídas de sendeirismo do mes de febreiro

8, 19 e 22 de febreiro
Febreiro ofrece tres saídas: unha por terras da Ribeira Sacra até Belesar; outra pola serra de Calamouco en Becerreá; e unha saída no concello de Santiago de Compostela para achegarse até os petroglifos do Castriño de Conxo.
   

Rutas de sendeirismo de xaneiro

18 e 25 de xaneiro
A primeira ruta de 2014 percorrerá o camiño de San Rosendo entre A Merca e Ourense. A segunda ruta de xaneiro discorre por terras de Dumbria para darnos a coñecer a devesa de Anllares e os montes da Ruña.
   

Saídas de sendeirismo en decembro

14, 21 e 31 de decembro
Saídas no último mes do ano por terras de Mesía, a serra do Candán e, na camiñada de fin de ano, á Pedra Serpal.