Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

I Concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Até o 9 de decembro
A Fundación USC Deportiva organiza un concurso de postais de Nadal. A temática é o vencello entre Nadal e deporte. No Concurso poderán participar nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2010. A data límite para enviar os orixinais é o 9 de decembro. O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2014. Así mesmo, a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de Nadal que este ano fará a Fundación.
   

Rutas de sendeirismo de novembro

9, 14, e 23 e 24 de novembro
No mes de Santos e Defuntos, as camiñadas vannos achegar até as terras de Samos e Triacastela e ao Courel. Haberá ademais un roteiro nocturno polos parques e xardíns de Compostela.
   

Curso de marcha nórdica

25 de setembro. Alameda de Santiago de Compostela
A marcha nórdica é unha nova actividade física que está medrando en Europa polo seu grande valor saudable. Consiste en camiñar cuns bastóns especiais, empregando unha técnica denominada ALFA, onde os bastóns non só cumpren a función de apoio e equilibrio, senón que se utilizan para o desprazamento como instrumento de impulso e obtendo así unha propulsión moito máis elevada.
   

II Curso de Fotografía da Natureza

18, 20 e 25 de outubro
A natureza foi, dende o comezo, un dos obxectivos principais da fotografía. As paisaxes de lugares remotos e as novas especies de animais que se ían descubrindo encheron as páxinas das primeiras publicacións fotográficas. Dende aquelas imaxes en branco e negro ata as actuais fotografías que se poden ver en revistas especializadas existe un abismo técnico, pero ambas manteñen a mesma filosofía: gozar da natureza.
   

Rutas de sendeirismo do mes de outubro

19, 24 e 26 de outubro
O programa de saída ofrece en outubro unha ruta ao emblemático Petón do Xalo, en Culleredo, unha ruta formativa ao monte Viso, en Compostela, e unha engaiolante andaina nocturna en Fisterra.