Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Sendeirismo en maio

Días 7, 19, 21 e 22, 25 de maio
O programa de saídas ofrece dúas rotas nas terras de Compostela (polas beiras do Tambre até Chaián, outra entre o Monte do Gozo e Aríns), unha entre Carnota e a viliña do Pindo, e unha saída de fin de semana con dúas rotas en Chandrexa de Queixa.
De: 25 de maio    A: 25 de maio

Segundo curso de condución eficiente

Sede da Fundación a partir das 10 horas.
A Fundación USC Deportiva, xunto coa Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (FAEPAC), organiza a realización dun curso de condución eficiente o vindeiro 25 de maio. A actividade é totalmente gratuíta.
   

Proceso de selección da praza de Xerente da Fundación USC Deportiva

O pasado 4 de marzo iniciouse o proceso de selección dunha praza de Xerente para a Fundación USC Deportiva. Nesta sección pode consultarse a documentación e os avances do proceso.
   

Rutas de sendeirismo. Abril

Sábado 9, xoves 14, do xoves 21 ao domingo 24, e mércores 24 de abril
A programación do mes de marzo inclúe catro ofertas: unha ruta por Montederramo, unha camiñada polo Pedroso en Santiago e outra polas beiras do Tambre en Sigueiro, e unha saída de catro días na Semana Santa no Parque Natural de Redes, en Asturias.
   

Rutas de sendeirismo - marzo

Sábado 12 e sábado 26 de marzo
A programación do mes de marzo inclúe dous itinerarios, o primeiro na provincia no Concello da Capela (A Coruña), para seguir o curso do río Belelle. A segunda camiñada por Vilela na Serra do Farelo.