Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Rutas de sendeirismo de marzo

16 e 21 de marzo
Á parte da saída en Semana Santa ao Parque Nacional de Sanabria, marzo achéganos a posibilidade de visitar as terras do concello de Agolada e de coñecer a beleza dos parques e xardíns de Santiago de Compostela.
   

Sendeirismo en Semana Santa: Parque Natural de Sanabria

do 28 ao 31 de marzo
Nesta ocasión viaxamos ata terras de Zamora para coñecer uns dos máis espectaculares parques naturais da península: o parque natural de Sanabria. A súa flora, a fauna e a súa morfoloxía esculpida polos glaciares do cuaternario, fan deste parque un lugar único e abraiante.
   

Sendeirismo, rutas de febreiro

9, 14 e 23 de febreiro
Unha camiñada terras de Bande, unha saída nocturna até o cume do Pedroso e unha nova ruta na Ribeira Sacra lucense completan a oferta de sendeirismo de febreiro.
   

Curso de fotografía de natureza

22 e 24 de febreiro e 1 de marzo
A natureza foi, dende o comezo, un dos obxectivos principais da fotografía. As paisaxes de lugares remotos e as novas especies de animais que se ían descubrindo encheron as páxinas das primeiras publicacións fotográficas.
   

Rutas de sendeirismo do mes de xaneiro

19 e 26 de xaneiro
O novo ano estréase con dúas rutas de notable interese natural a traves de percorrido homologables: o sendeiro PR-G157 pola Ribeira Sacra de Lugo e o PR-G147 nas proximidades do encoro de Ribeira nas Pontes de García Rodríguez.