Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Rutas de sendeirismo de outubro

15, 18 e 29 de outubro
A oferta de outubro enfía a subida ao monte Enxa na serra do Barbanza, un percurso outonizo polos parques e xardíns de Compostela e unha ruta polas terras de Forcarei enlazando as pontes do Lérez
   

Rutas de sendeirismo no mes de setembro

17, 22, 24, 25 e 29 de setembro
A oferta de rutas inclúe dous percorridos por Terras de Compostela, coa subida ao monte Viso e a visita ao val do Tambre nas contornas de San Xoán de Fecha, unha pola comarca de Bergantiños para facer a ruta de Verdes a Ponteceso, e outra en terras muradanas para ascender ao cumio da Pena do Cadro, ademais dunha actividade especial de sendeirismo nas illas Ons o domingo día 25.
   

Roteiro ao Monte Gaiás

Xullo, agosto e setembro
Faranse todos os mércores dos meses de xullo, agosto e setembro. Os itinerarios parten desde a praza de San Roque ás 17.30 h. É necesario inscribirse previamente e a actividade é gratuíta.
De: 23 de xuño    A: 9 de setembro

Verán CampUSC 2011

Campus Vida de Santiago de Compostela
O programa Verán CampUSC 2011 está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolta no período de verán que permita a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período e a estes e outros interesados/as, participar nos cursos de verán da USC.
   

Sendeirismo en maio

Días 7, 19, 21 e 22, 25 de maio
O programa de saídas ofrece dúas rotas nas terras de Compostela (polas beiras do Tambre até Chaián, outra entre o Monte do Gozo e Aríns), unha entre Carnota e a viliña do Pindo, e unha saída de fin de semana con dúas rotas en Chandrexa de Queixa.