Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades

Actividades

   

Rutas de sendeirismo do mes de decembro

10, 17 e 31 de decembro.
Despídese 2016 con tres rutas de interese polo litoral ferrolán, coa subida ao pico Meda en Zas e coa tradicional camiñada de fin de ano, nesta volta, ao Pico Sacro.
   

IV Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Data límite para entrega de orixinais: 9 de decembro de 2016.
Bases da cuarta edición do Concurso de Postais de Nadal que organiza a Fundación USC Deportiva. A persoa gañadora recibirá un premio consistente nunha praza no Verán CampUSC 2017 e un vale para canxear por material deportivo. A data límite de recepción dos orixinais será o 9 de decembro de 2016.
   

VI Obradoiro de técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde

Martes e xoves, do 17 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2017.
A Fundación USC Deportiva, en colaboración coa spinn-off Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica organiza un Obradoiro de técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde.
   

Rutas sendeirismo de novembro

12, 23 e 26 de novembro
Dúas rutas de percurso litoral e unha interesante saída de formación micolóxica compoñen a oferta de andainas do mes de novembro.
   

Curso monográfico de Tai Chi e Chi Kung

26 de novembro de 2016. Campus Vida
O tai chi chuan, comunmente chamado tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todos os rincóns do mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas. Esta arte de perfil psicofísico, ao igual que o Ioga, entre outras disciplinas orientais, chegou a Occidente non só para construír o seu propio contexto, senón tamén para adaptarse á nosa cultura.