Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Ruta de sendeirismo de xullo. Actividade especial da fin de curso

9 de xullo
Como actividade especial da fin de curso, imos ata Sardiñeiro a facer un percorrido polo concello de Fisterra, un percurso de 8 quilómetros que comeza no alto de Carabio.

Actividade especial da fin de curso no concello de Fisterra

  • Hora de saída: sábado ás 09:00
  • Hora de regreso: 19:30.
  • Lonxitude da ruta: 8km
  • Dificultade: baixa
  • Desnivel: baixo

Este día imos ata Sardiñeiro a facer un percorrido polo concello de Fisterra.
A ruta comeza no alto do Carabío, e lévanos ata as aldeas de O Sisto e Castrexe, pequenos núcleos habitados onde se poden observar elementos de arquitectura tradicional. Logo ímos á praia de Rostro. Unha das praias máis fermosas de toda a Costa da Morte e que se atopa nun bo estado de conservación. Faremos un percorrido pola praia ata chegar a punta de Rostro, alí observaremos os impresionantes cantís desta costa. Remataremos no lugar de Castromiñán, non sen antes ver os impresionantes restos castrexos da zona.

Logo teremos unha comida en Casa Lestón, en Sardiñeiro. Con este menú:

  • Empanada de millo (de sardiñas, se houbese nesas datas)
  • Croquetas caseiras de xamón e de cecina con queixo San Simón.
  • Pementos
  • Fabas con polbo.
  • Tarta de queixo.

Prezo. 18 euros (inclúe a bebida e café).

A comida pagarase no restaurante.

Enténdese que, en caso de anotarvos na actividade, queredes participar na comida. De non ser así, por favor, avisade.

Pola tarde teremos tempo libre para gozar da praia ou dar un paseo.

Data límite de inscrición: mércores día 6.
  
Esta andaina é unha actividade organizada polo Servizo de Deportes da USC.