Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Rutas de sendeirismo en marzo

11, 22 e 25 de marzo
As rutas de marzo trazan percorridos por terras de Samos-Triacastela e O Irixo, ademais dunha ruta pola cunca do Sarela.

Sábado 11. Monte Oribio

  • Lonxitude: 20 km    
  • Desnivel: alto         
  • Dificultade: media-alta
  • Hora de saída: ás 08:00
  • Hora de regreso: ás 21:00 aproximadamente.

Regresamos ao monte Oribio, que é unha impresionante montaña, situada entre a comarca de Samos e o Caurel, preto de Triacastela. O seu cumio acada os 1.400 m de altitude. Isto fai que sexa un miradoiro estupendo no que se poden observar amplas e fermosas panorámicas.

A ruta que faremos comeza preto de San Cristovo do Real. O itinerario é longo e ten moito desnivel, tanto de subida como de baixada, aínda que, en xeral, salvo tramos curtos, vai por camiños cómodos.

O Oribio goza dun alto interese natural e paisaxístico.

Mércores 22. Roteiro por Compostela. Río Sarela

  • Lonxitude: 8 km    
  • Desnivel: baixo        
  • Dificultade: baixa
  • Hora de saída: ás 17:00    
  • Hora de regreso: 19:30 aproximadamente.

Faremos un percorrido que nos levará por un dos puntos de interese natural máis interesantes da cidade: o río Sarela.

O punto de saída e remate da actividade será diante da piscina universitaria e a ruta chegará O Romaño.

É unha boa ocasión para gozar dunha paraxe con moita biodiversidade, por camiños, en xeral, cómodos.

Sábado 25. Polo concello de O Irixo

  • Lonxitude: 17 km.   
  • Desnivel: medio.            
  • Dificultade: media.
  • Hora de saída: ás 09:00 h.
  • Hora de regreso: ás 19:30 aproximadamente.

Ímos ao concello de O Irixo a facer un sendeiro homologado moi fermoso, que vai por zonas rurais, entre carballeiras, corredoiras, regatos, castros, muíños… Este itinerario comeza en O Irixo de Arriba e remata en Saavedra, pero nos imos completalo  facéndoo circular comezando e rematando no centro do concello e á metade da ruta, subindo ao Coto de Surribas. A ruta é moi variada en canto a paisaxes e puntos de interese.

Estas andainas son unha actividade organizada polo Servizo de Deportes da USC.

[Fotografía: Roteiros Galegos]