Fundación USC Deportiva USC
Inicio > Actividades > Actividades > Cartafol de actividade

Cartafol de actividade

   

Rutas de sendeirismo en abril

19 e 29 de abril.
As camiñadas de abril van percorrer os parques e xardíns de Compostela e a Ruta da Cubela (PR-G180) por terras de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra.

Mércores 19. Roteiro por Compostela. Parques e xardíns. Visita ao CIAC

  • Lonxitude: 6 km
  • Desnivel: baixo
  • Dificultade: moi baixa
  • Hora e lugar de saída: 16:45, diante da Facultade de Filosofía, na praza de Mazarelos        
  • Hora e lugar de regreso: 19:30 aproximadamente, na piscina universitaria

Comezamos a actividade na Facultade de Filosofía, e pasando polo Arco de Mazarelos e a rúa de Pexigo de Arriba, imos ata o parque de Belvís para visitar o CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela). Esta visita durará aproximadamente unha hora. Ao rematar comezaremos o nos roteiro polos parques e xardíns. Pasaremos polos parques de Belvís, Bonaval, Almáciga, Fermín Bouza Brey, Parque da Música e Vista Alegre.

Sábado 29. Ruta d'A Cubela.  Ribeira Sacra. Ribas de Sil.

  • Lonxitude: 16 km
  • Desnivel: medio (forte nalgúns puntos)
  • Dificultade: media.
  • Hora de saída: ás 08:00
  • Hora de regreso: ás 20:30 aproximadamente.

Imos ata o concello de Ribas de Sil, preto de Quiroga, para facer un dos sendeiros homologados da Ribeira Sacra: o PR-G180: a Ruta da Cubela. 

O itinerario, que é circular, comeza na aldea de Castro de Abaixo e vai subindo, entre enormes soutos, ata chegar ao pobo de Torbeo. Alí comeza o descenso ata o lugar da Cubela desde onde se regresa ao comezo da ruta pola beira do río Sil.

A paisaxe é espectacular e moi variada. Moi salientable é tamén a biodiversidade, xa que a zona é rica en flora típica mediterránea.

Faremos unha pequena variante do sendeiro oficial para camiñar máis polo souto e alongar un pouco a ruta.

Estas andainas son unha actividade organizada polo Servizo de Deportes da USC.

[Fotografía: Consorcio de Turismo Ribeira Sacra]